ENTENDENDO AS CORES

 



IDEAS PREVIAS DAS CRIANZAS

Para levar a cabo esta unidade didáctica, queríase partir das ideas e intereses previos do alumnado. Para iso, elaboramos; nunha hora de Educación Artística, unhas máscaras para gardar a identidade dos cativos e cativas. A continuación grabamos un vídeo onde dicían que son para eles "as cores do mundo" e que lle gustaría saber das mismas. Tedes ganas de velo?
 



ESCOLLENDO QUE TRABALLAR
Cando recopilaos todas as ideas, escollemos entre todos e todas as más repetidas e que sería de interese traballar. Estas foron as tres resultantes.


REALIZAMOS HIPÓTESES
Antes de comezar co traballo en sí, pretendíase que as crianzas comprendesen como se xeneran as cores, comos as vemos...temas para os que se realizou unha sesión moi divertida que veremos a continuación. Pero antes de explicar nada, queríase saber que ideas iniciais...que hipóteses realizaban os nenos e nenas. Para iso, reaizouse un obradoiro de informática, explicóuselles como se realizaban estas, e o fixeron na aplicación Padlet...O resultado foi marabilloso!

Hecho con Padlet




CLASE DE CORES
Unha vez realizadas as hipóteses das crianzas, era momento de que poidesen comprobalas. Para iso adicamos unha sesión a comprender a luz, as cores, a visión...

 



VEXAMOS COMO ESTABA A CLASE!





COMO TRABALLAN!
Esta sesión foi marabillosa, os cativos e cativas disfrutaron, viviron experiencias e aprenderon...Todo a un mismo tempo!








NOVEMBRO; MES DA CIENCIA EN GALEGO
Por último nesta páxina do blog, dicirvos que parte da clase anterior, empregouse para participar no mes da ciencia en galego. Para iso as crianzas de 4ºB realizaron carteis explicando os diferentes materias e experimentos necesarios... e todo isto xunto cos materiais elaborados pola mestra, foron expostos no colexio.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog