COLORÍN COLORADO
CREANDO MURAIS
En grupos, as crianzas, recolleron información tanto da clase anterior sobre a luz e as cores, como outra sacada da rede e de libros. Unha vez a conseguiron, puxéronna en común entre os membros/as do grupo e resumíronna. Repartiron as partes, fixeron esquemas, debuxos...e conseguiron resultados marabillosos.
PROGRAMANDO EN CORES
Tras os murais...e por primeira vez,
crearon uns guións para contar na radio todo aquelo que plasmaron nos murais.
Mirade que resultados!
CONCLUSIÓNS DOS CATIVOS E CATIVAS
Despois de tanto traballo, o alumnado escribiu nuns papeles tres palabras sobre o que foi para eles e elas este proxecto. Os resultados recolléronse na seguinte nube de palabras:
OPINIONES DAS FAMILIAS
Falouse cos cativos e cativas para que lles falaran ás familias sobre todo o traballo realizado. Trouxeron as opinións redactadas en papel e estas recolléronse no seguinte Padlet:
Comentarios
Publicar un comentario